Galeria dos premiados |
O artista Miguel Vasconcelos , obteve ontem o segundo prémio e o 1 º prémio para a melhor obra portuguesa, na nona edição da Bienal de Pintura do Eixo Atlântico e recebeu o galardão das mãos de Iolanda Otero, subdirectora geral de Juventude da Galiza.
Na sessão, realizada em Carballo, Coruna , estiveram presentes Victor Dias , director do Instituto Português da Juventude e Maria Geraldes, da Fundação da Juventude.
Segue-se a notícia do jornal A Voz da Galicia:
Creadores de Galicia e do Norte Portugal e autoridades de ámbolos dous lados da raia déronse onte cita en Carballo para, a través da cultura, estreitar e fortalecer os lazos que unen a estas dúas rexións. A entrega de premios da novena edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico trouxo á capital bergantiñá unha interesante colección de obras, que, unha vez remate a súa estadía no Pazo da Cultura -o día 28 deste mes-, iniciará un longo percorrido que a levará por boa parte Galicia e do Norte do Portugal ata finais do 2011.
A pontevedresa Monserrat Frieiro Dantas recolleu de mans de Manuel Martínez Bestilleiro, responsable da Novacaixagalicia para as bisbarras de A Coruña e Bergantiños, o primeiro premio da bienal, pola obra Camiño. O segundo premio á mellor obra portuguesa foi para Miguel Vasconcelos , que recibiu o galardón de Iolanda Otero, sudirectora xeral de Xuventude, e o da mellor obra galega, para Joseba Muguruzábal Pérez, que non puido estar onte en Carballo, polo que se encargou de recollelo Raquel Iglesias Gándara, gañadora tamén do primeiro premio aos novos talentos luso-galaicos. Víctor Díaz, director do Instituto Portugués da Juventude e María Giraldez, da Fundacao da Juventude, entregaron estes dous últimos galardóns no transcurso dun acto que congregou a numeroso público e algúns recoñecidos artistas locais, coma Manuel Facal.
Sem comentários:
Enviar um comentário